GALEGA

Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Se o traballo en prevención é un traballo de futuro e se establece a medio e longo prazo, é necesaria unha resposta inmediata para as mulleres que están sufrindo violencia de xénero en Galicia.

As administracións, e neste caso o Concello de Culleredo, debemos comprometer os nosos esforzos en dar unha formación que elimine mitos sobre a violencia de xénero e prepare as e os profesionais para
facer efectivos os protocolos de actuación que se desprenden do texto desta lei.

No  texto  lexislativo que podes descargar AQUI establécense medidas conducentes a coordinar e planificar os recursos necesarios a través dunha correcta rede que integre medidas de información, de recuperación psicolóxica, de apoio económico, de inserción laboral e de acceso á vivenda.