DIA MUNDIAL DA MULLER RURAL EN CULLEREDO

Dende o Centro de Información ás Mulleres (CIM), non dubidamos en apoiar ás mulleres dinámicas, activas, que apostan pola formación, pola información, pola conciliación, que propoñen novos retos, que se implican na eliminación das discriminacións e que impulsan a realización de actividades encamiñadas a mellorar a situación das mulleres do rural.

Co gallo do Día Internacional da Muller Rural, no que pretendemos sexa un percorrido pola vida de mulleres de distintas xeracións do noso concello, celebraremos o

I Encontro de mulleres do rural de Culleredo: unha perspectiva interxeracional

 Para elo contaremos con Ana Belén Magariños de Orro, Elena Feal de Vinseira, e Manuela Arcas de Boedo que participarán na mesa moderada por Fátima Uzal, directora do Centro de Información á Muller (CIM).

Ademais, Carlos Pereira, historiador do Concello de Culleredo falará da evolución histórica do rural no noso concello, e a poetisa Maribel Ortiz deleitaranos con un pequeno recital poético acompañada  do trío de guitarras de alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Culleredo, composto por Inés Pérez Pardevila, Ivana Francos Abad e Paula Iglesias García..

O acto celebrarase na Casa Reitoral de Celas o vindeiro día 21 de outubro ás 19:30 horas.

Ficades convidados!!

Podes descargar o programa do acto premendo AQUI

Estas entrada foi publicada en EVENTOS coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar un comentario