PROTECCIÓN

Con data 1 de agosto publicouse no BOE a Lei 27/2003 reguladora da Orde de Protección ás Vítimas de Violencia Doméstica. Preme na imaxe para descargala.

Esta orde supón a creación dun instrumento para a adecuada protección das vítimas, que ten como principal novidade introducir unha resposta fronte á violencia doméstica mediante unha acción integral e coordinada. Permite adoptar medidas de protección á vítima no ámbito penal, civil e asistencial, obrigando a todas as Administracións públicas a coordinarse entre sí co fin de asegurar a eficacia de todas as medidas que poidan adoptarse.

Co obxecto de impulsar e avaliar a implantación da Lei, creouse unha Comisión de Seguimento, formada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Consejo General del Poder Judicial, Ministerio de Justicia, Ministerio del Interior, Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales, Fiscalía General del Estado, Gobiernos de las Comunidades Autónomas, Consejo General de la Abogacía e Consejo General de Procuradores.

No seo desta Comisión elaboráronse dous instrumentos fundamentais para o desenvolvemento da Lei, e que son os seguintes:

  • Protocolo para a implantación da orde de protección das vítimas de violencia doméstica, no que se sistematizan os aspectos máis relevantes para a aplicación da Lei e a coordinación entre todas as entidades implicadas. AQUI
  • Modelo de solicitude de orde de protección,  que será utilizado como modelo único polas diferentes instancias administrativas dende as que se realice a solicitude. Descárgao AQUI