AXUDAS

Na actualidade, en prazo de presentación, as mulleres que sofren Violencia de Xénero, poder solicitar dous tipos de axuda.

1. Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.

A finalidade destas axudas é proporcionarlles apoio económico ás mulleres que sofren violencia de xénero para tentar garantirlles unhas condicións suficientes de independencia económica respecto do agresor que lles posibilite dar o primeiro paso ou consolidar a ruptura dunha situación en que corren perigo.

Serán requisitos necesarios para poder ser beneficiaria:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia. Esta condición acreditarase con algún dos documentos establecido no artigo 3º.2 a) emitido dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Ter cesado a convivencia co agresor dentro dos doce meses anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar empadroada e residir na Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
  • Percibir uns ingresos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente.

Descarga o modelo de solicitude AQUI

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 31 de outubro de 2011.

2. Axudas establecidas no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e no artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Mediante esta resolución convócanse dous tipos de axudas:

  • Axudas tipo 1: axuda económica de pagamento único para mulleres vítimas de violencia de xénero que, residindo na Comunidade Autónoma de Galicia, acrediten insuficiencia de recursos e unhas especiais dificultades para obter un emprego.
  • Axudas tipo 2: indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e das persoas dependentes económica ou asistencialmente dunha muller que sofra violencia de xénero que teñan dereito á percepción da indemnización, exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacela e, como consecuencia, se produza unha situación de precariedade económica.

Beneficiarias

  • Axudas tipo 1: mulleres vítimas de violencia de xénero.
  • Axudas tipo 2:
    • As mulleres que sufran violencia de xénero As persoas menores de idade que dependan dunha muller que sufra violencia de xénero
    • As persoas maiores de idade que dependan economicamente dunha muller que sufra violencia de xénero.
    • As persoas dependentes baixo o coidado dunha muller que sufra violencia de xénero.

Requisitos

  • Axudas tipo 1:
    • Ser vítima de violencia de xénero
    • Estar empadroada e ter residencia en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Ter especiais dificultades para obter un emprego
    • Carecer de rendas que, en cómputo mensual, superen o 75 por cento do salario mínimo interprofesional vixente, excluída a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias.
  • Axudas tipo 2:
    • Estar empadroada e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Ter dereito á percepción dunha indemnización, por danos e perdas derivados dunha situación de violencia de xénero, recoñecida nunha resolución xudicial firme ditada por un xulgado ou tribunal con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.
    • Que exista constatación xudicial do incumprimento do deber de satisfacer a indemnización por insolvencia do obrigado ao pagamento.
    • Que a persoa beneficiaria se atope nunha situación de precariedade económica como consecuencia da falta de pagamento da indemnización xudicialmente recoñecida.

Prazo de presentación: Rematará o 30 de novembro de 2011 no caso da axuda establecida no artigo 27º da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, e o 31 de outubro de 2011 para a indemnización recollida no artigo 43º da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Descarga o modelo de  solicitude AQUI