As mulleres e as nenas con discapacidade. Uso das dúas perspectivas: o xénero e a discapacidade

Hoxe se celebra o Día Internacional de Persoas con Discapacidade. Dende o CIM de Culleredo queremos aproveitar esta data para reflexionar sobre os seguintes datos:

As mulleres con discapacidade enfróntanse a dificultades moito máis graves tanto na esfera pública como na privada, por exemplo, a obstáculos no acceso a unha vivenda adecuada, así como aos servizos de saúde, educación, formación profesional e emprego, e teñen máis posibilidades de ser internadas en institucións. As mulleres con discapacidade tamén sofren desigualdades na contratación, as taxas de ascensos, a remuneración por igual traballo, o acceso a actividades de capacitación e reciclaxe profesional, o crédito e outros recursos produtivos, e de cando en cando participan nos procesos de toma de decisións económicas.

Fomentar a igualdade de xénero e o empoderamiento da muller é esencial para lograr os obxectivos de desenvolvemento internacionalmente convidos, entre outros, os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio.

As mulleres e as nenas con discapacidade experimentan unha discriminación por partida dobre, o que fai que estean máis expostas á violencia por motivos de xénero, os abusos sexuais, o abandono, os malos tratos e a explotación. A taxa mundial de alfabetización deste grupo é de tan só o 1%, segundo un estudo do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento.

Segundo informa o Banco Mundial, cada minuto máis de 30 mulleres sofren lesións ou contraen discapacidades graves durante o parto e, polo xeral estas mulleres, cuxa cifra oscila entre os 15 e os 50 millóns, pasan inadvertidas.

Mediante o establecemento de normas e criterios internacionais, a comunidade internacional recoñece que a perspectiva de xénero e o empoderamiento da muller con discapacidade son condicións necesarias para lograr a igualdade no goce de todos os dereitos humanos e o desenvolvemento para todos, incluídas as persoas con discapacidade.

No Programa de Acción Mundial para as persoas con discapacidade sinálase que as consecuencias das deficiencias e da incapacidade son especialmente graves para a muller. Polo xeral, as mulleres están sometidas a desvantaxes sociais, culturais e económicas que reducen as súas posibilidades de sobreporse á súa incapacidade, polo que a súa participación na vida da comunidade é máis difícil.

Na súa resolución 63/150, de 18 de decembro de 2008, a Asemblea Xeral da ONU insta os Estados a que presten especial atención ás necesidades específicas das persoas con discapacidade en función do xénero, inclusive adoptando medidas para que poidan exercer de maneira plena e efectiva todos os dereitos humanos e as liberdades fundamentais (parágrafo 8 da parte dispositiva).

Rede Internacional de Mulleres con Discapacidade

A Rede Internacional de Mulleres con Discapacidade (INWWD) está composta por organizacións, grupos e redes de mulleres con discapacidade de ámbito internacional, rexional, nacional ou local. Tamén incorpora ás mulleres con discapacidade a título persoal e aos seus aliados. A misión da Rede é propiciar que as mulleres con discapacidade compartan os seus coñecementos e a súa experiencia, melloren a súa capacidade para facer valer os seus dereitos, dótense de recursos que lles permitan xerar un cambio positivo e fomentar a inclusión nas súas comunidades, e promovan a súa participación nas iniciativas políticas pertinentes en todas as instancias, co fin de crear un mundo máis xusto e equitativo, no que se recoñezan os aspectos ligados á discapacidade e ao xénero, a xustiza e os dereitos humanos.

Os/as interesados/as en unirse a esta rede virtual poden enviar unha mensaxe á seguinte dirección de correo electrónico:
inwwd-subscribe@yahoogroups.com

Esta entrada foi publicada en DIA MUNDIAL. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s