Pillada por ti, é o título do cómic editado polo Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, a través da Delegación do Goberno para a sensibilización contra a Violencia de Xénero. A autoría do cómic corresponde ao magnífico tandem creativo de Cristina Durán e Miguel A. Giner que contaron co asesoramento de Carmen Castro sobre cómo abordar a problemática da violencia de xénero coa finalidade de preveer a súa aparición entre as persoas máis novas na sociedade. O guión de é orixinal de Miguel Ángel Giner Bou e as ilustracións son froito de Cristina Durán Costell
Ao longo das páxinas nárrase a historia de “mozas que se quedan pilladas polos mozos”, como apunta no prólogo o delegado para a Violencia de Xénero, Miguel Lorente. “Unha historia que é verdade. As e os protagonistas podemos atópalos en calquer parte, na rúa, no instituto… Xente coñecida, rapaces que ao principio son moi simpáticos, pero que logo creen que a moza coa que están lles pertence e poden facer con ela o que lles plazca. Persoas que deixan de ser simpáticas para voltarse violentas”
No 2011, distribuíronse gratuitamente 20.000 exemplares en centros educativos de todo o Estado. E agora, saliu un APP gratuito para o iPad e o iPhone , desenvolto por ITBOOK. O APP contén versións en castelán, catalán, galego, euskera, inglés e francés.
A versión en galego podedes vela e descargala premendo AQUI