O post de hoxe queremos adiacarllo, á Cesária Évora (Mindelo, São Vicente, Cabo Verde, 27 de agosto de 1941 – Mindelo, São Vicente,Cabo Verde, 17 de Diciembre de 2011). A cantante caboverdiana Cesaria Evora, creadora dos estilos “morna” e “a Coladera”, ambos variacións do “blues”, e con 70 anos, faleceu o pasado 17 de decembro. Era a chamada “ raíña dos pés descalzos” pois solía saír ao escenario sen calzado, en solidariedade coas mulleres e criaturas pobres do seu pais.
Cise, como era coñecida no seu entorno, comezou a cantar e a facer actuacións os domingos na praza principal da súa cidade, acompañada polo seu irmán Lela, ao saxofón. Máis a súa vida está intrínsecamente ligada ao bairro de Lombo, nas inmediacións do cuartel do exército portugués, onde cantou con compositores como Gregório Gonçalves. Aos 16 anos, Cesária comenzou a cantar en bares e hoteles e, coa axuda dalgúns músicos locais, gañou maior notoriedade en Cabo Verde, sendo proclamada a “Raíña da Morna”.
Aos vinte anos foi convidada a traballar como cantante para o Congelo – compañía de pesca creada polo capital local e portugués -, recibindo conforme ás actuacións que facía.
No 1975, ano en que Cabo Verde adquiriu a independencia, Cesária, frustrada por cuestións personais e financieiras, engadidas á dificuldade económica e política do xoven país, deixou de cantar para sustentar a súa familia. Durante este período, que se prolongou por dez anos, Cesária tivo que loitar contra o alcoholismo. Cesária chamou a ese período de tiempo, o seus Dark Years.
Animada por Bana (cantante e empresario cabo-verdiano radicado en Portugal), Cesária Évora volve a cantar, actuando en Portugal. En Cabo Verde un francés chamado José da Silva persuadiuna de ir a París e alí acabou por grabar un novo álbum en 1988 “La diva aux pied nus” (a diva dos pés descalzos) – que é cómo se presenta nos palcos. Este álbum foi aclamado pola crítica, levándoa a iniciar a grabación do álbum “Miss Perfumado” en 1992. Desde entón fixou a súa residencia na capital francesa. Cesária volveuse unha estrela internacional aos 47 anos de idade.
O blues cabo-verdiano de Cesária Évora en xeral fala da longa e amarga historia de aillamento do país e do comercio de escravos, así cómo da emigración, xa que díse que o número de cabo-verdianos que vive no exterior é maior que a población total do país.
No 2004 gañou o premio Grammi ao Mellor álbum contemporáneo de world music por Voz d’amor.
No 2007 o presidente de Francia Jacques Chirac, otórgalle a medalla da lexión de honra.
Despois de diversas complicacións de saúde, a cantante anunciou a súa retirada da música o 23 de setembro de 2011. Ela foise, pero o seu legado musical pervive. Seguiremos recordando, escoitando e sentindo as súas músicas