APLICACIÓN PARA iPHONE “NAIS DO MUNDO”

A ONG Mestura, coa participación do Concello de Culleredo, puxo en marcha unha nova aplicación para teléfonos móbiles que permitirá mellorar a comunicación e atención do persoal sanitario galego ás mulleres xestantes marroquís. Esta iniciativa, leva por nome «Nais do mundo», e xa se pode descargar gratuitamente en calquera móbil iPhone ou en iPad, e inclúe información sobre as claves culturais da maternidade do país de orixe das pacientes, as súas tradicións e mesmo gravacións con palabras que poidan entender as mulleres.

Nun primeiro momento este proxecto desenvolverase de forma piloto en varios centros sanitarios, pero o obxectivo de Mestura e da empresa que deseñou a aplicación, Movendo, é que chegue a todo o estado e póidase ir mellorando con información sobre outros grupos de mulleres inmigrantes, ademais de facela accesible a outras plataformas.

Pero esta é unha parte do gran traballo que se fai dende esta ONG incluido no programa NENEIRAS, na que o Concello de Culleredo participa activamente, e do que vos vimos informando oportunamente.

No caso da aplicación Nais do Mundo, o departamento de Sanidade se implicou dende o primeiro momento apoiando esta iniciativa e colaborando na metodoloxía, recollida de datos, ou difusión entre  profesionais, respondendo así as demandas do colectivo sanitario que precisaba desta tecnoloxía para mellorar a comunicación cas pacientes.

Dende a perspectiva de muller, Neneiras e NAis do Mundo, facilitan o empoderamento das mesmas, pois tendo unha ferramenta de comunicación, as mulleres entenden por si mesmas as diferentes opcións que poden ter na maternidade, a escoller un tratamento ou outro…,  así como poder expresarse por elas mesmas, preservando a súa intimidade, sen un interlocutor, especialmente no caso das mulleres marroquís, que por unha banda non adoitan dominar moi ben o español, e por outra, son acompañadas moitas veces polo seu marido, que é o que fai de interlocutor e/ou responder directamente en nome da muller

Dende o CIM de Culleredo,  parabéns!!! Traballando con Mestura, neste concello temos xa moi interiorizada unha lección: A ACEPTACIÓN E PARTICIPACIÓN DAS MINORÍAS, É A CARACTERÍSTICA QUE DISTINGUIRÁ UNHA SOCIEDADE DE CONVIVENCIA DOUTRA AUTORITARIA

ptacions2

Estas entrada foi publicada en EVENTOS, NOVAS, RECURSOS coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s